Tes proxector no cole?

Tes gañas de darlle uso á pantalla, o proxector ou á pizarra dixital? Cres que tes o material audiovisual infrautilizado e gustaríache darlle máis uso? Non estaría ben que fose usado para montar un divertido espectáculo dirixido aos máis pequenos do cole?


Queres montar algo distinto?

Pero non contas cun gran salón de actos nin cun escenario espectacular. Ou aínda que o teñas, non tes un gran orzamento para traer un espectáculo de gran formato ao centro, pero queres ou tes a necesidade de montar un evento distinto e portátil?


Educar divertindo?

Cres que pode haber maneiras interesantes de traballar coas novas tecnoloxías de modo que a transmisión de contidos e experiencias se poida facer de maneira efectiva nun entorno lúdico, divertido e participativo? Non sería bo que iso acontecese sen ter que sair do centro?

Outras actividades na escola?

Na escola hai clases e tamén... ben, sobre todo hai clases. É unha alegría cando hai tamén máis cousas: un músico, unha contacontos, un titiriteiro, unha escritora...  Non cres que para facer da escola un ente vivo, sería bo que recibise outro tipo de actividades fóra da rutina?


Cres que é útil o multimedia?

Cres nunha aprendizaxe significativa que aproveite a combinación de multiples linguaxes para traballar coa palabra (escrita, falada, cantada, rimada), co son (o timbre e a textura, o ton, o ritmo) e a imaxe (formas, tamaños, estructuras)? Cres que é bo que as linguaxes audiovisuas teñan presencia no entorno educativo e non só no da ficción comercial?


Outras maneiras de transmitir

Hai outros instrumentos de outras culturas cos que se fan outras músicas noutras partes do mundo. Teñen outros nomes, outras sonoridades. Podémolos coñecer de outra maneira, podemos aprender outras palabras e outros timbres, repasar as letras de outro xeito, usar os novos medios para explorar outra maneira de transmitir coñecemento.